Cosmas Indicopleustes

Cosmas Indicopleustes (literalmente "o que navegou á India"), de Alexandría, foi un mercador grego e despois un monxe, probabelmente con tendencias nestorianas. Viaxou moito durante o século VI e foi diversas veces á India durante o reinado do emperador romano Xustiniano. A súa Topographia Christiana contén algúns dos máis antigos e famosos mapamundis.


Developed by StudentB